XESTA NATUREZA nace en 2020, despois dunha singladura no ano 2019 como Toxo Aventura e Natureza. Por diferentes motivos, nos vimos na necesidade de realizar este cambio, pero as nosas ganas son hoxe aínda maiores que hai un ano. Somos un grupo de de varias persoas (relacionadas polo deporte da Orientación), con diversos intereses sempre centrados na Natureza: actividades englobadas tanto no entorno deportivo como en actividades educativas e medioambientais.

Richi Figueroa

Richi Figueroa

Dirección e deseño de probas

Informático de profesión e orientador de corazón. Son monitor de actividades de tempo libre e director e mestre na Escola de Orientación en Pontevedra e Vigo. Teño unha grande experiencia organizando probas e charlas de Orientación en Centros Educativos e Concellos, ademáis da Liga local da provincia de Pontevedra (Lachs 2016, 2017, 2018 e 2019).

Manu Varela

Manu Varela

Topografía , Cartografía e deseño de probas

Orientador dende neno, comecei  neste deporte aos 7 anos foi así como descubrín a miña paixón polos mapas e a cartografía, por iso decidín estudiar Topografía e converter a afición en profesión. Na actualidade continúo formándome en temas relacionados coa cartografía, a orientación e o uso de drons neste campo.
www.eltopografo.com

Ángel A. Serto

Ángel A. Serto

Cartografía e organización

Director técnico de probas de Orientación coma o Campionato de España de O PÉ 2016 e MTBO 2018. Vicepresidente da Federación Galega de Orientación, e responsable de Rogaine na Federación Española deste mesmo deporte. Militar e practicante de multitude de deportes de Natureza… A miña paixón. Teño tamén formación coma guía de media montaña e como monitor de actividades físico-deportivas no medio natural.

Noel Queipo

Noel Queipo

Contidos audiovisuais e rrss

Amante das historias e do medio audiovisual como vehículo para contalas. Licenciada en Audiovisuais con especialización en creación de contidos e en xestión de redes sociais. Comecei na Orientación no 2016, son a máis novata do grupo neste deporte, aínda aprendendo pero sempre desfrutando!
www.noelqueipo.com

Adri Moreira

Adri Moreira

Organización e deseño de probas

Son enxeñeiro forestal, pero sobre todo son apaixoado deportista. Os deportes no medio natural son a miña predilección: orientación, alpinismo, escalada, bicicleta de montaña e os raids de aventura. Esta paixón levoume a acadar grandes cumes no noso país, así coma o emblemático Mont Blanc; e a participar en 5 probas de Series Mundiais de Raid (unha das probas máis duras do planeta: 100h e 550km NON-STOP).

WhatsApp chat