7ª Proba da Liga Galega de Orientación a Pé – Chans do Barbanza

Descripción

Boletín 0 – 7ª Proba Fegado 2022 – 210522 – Serra do Barbanza

Data: Sábado 21 de maio de 2022

Horario: de 10 a 14hs

Ubicación: Chans do Barbanza (Boiro)

Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por grupo), elexindo algunha das seguintes categorías:

  • Iniciación Curta: categoría para nen@s (e adultos que acompañen), sinxela física e técnicamente (menos de 4kms en total).
  • Iniciación Longa: categoría para nen@s con experiencia e adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 6kms en total).

* SÓ SE PERMITIRÁ A SAÍDA DAS PERSOAS INSCRITAS NA CARREIRA

* Se queredes participar en grupo, debedes indicalo en comentarios.

* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas no mesmo minuto.

* A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

* Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.

Evento vencido
Inscricións totais: 1250

Detalles do evento:

  • 21/05/2022 10:00   -   14:00
Compartir
Engadir ao teu calendario
WhatsApp chat