Data: Sábado 9 de xullo de 2022
Horario: de 11 a 13hs (Lalín) / de 17 a 19hs (Silleda)
Ubicación: Lalín e Silleda
Estas carreiras de Orientación consistirán en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.
Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por grupo), elexindo algunha das seguintes categorías:
* SÓ SE PERMITIRÁ A SAÍDA DAS PERSOAS INSCRITAS NA CARREIRA
* Se queredes participar en grupo, debedes indicalo en comentarios.
* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas no mesmo minuto.
* A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.
* Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.