I Carreira de Orientación – Concello de Rianxo

Descripción

Data: Sábado, 27 de agosto de 2022

Horario: de 10:30 a 14:00hs

Ubicación: Concello de Rianxo

Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:

  • Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3kms en total).
  • Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (menos de 4kms en total).
  • Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms en total).

 

* Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.

* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.

Evento vencido
Inscricións totais: 600

Detalles do evento:

  • 27/08/2022 10:30   -   14:00
Compartir
Engadir ao teu calendario
WhatsApp chat