Inscricións Xesta Trail Series

4,0010,00

 

Limpiar
SKU: N/D Categoría: Etiqueta:

Descripción

Estamos retomando actividades na natureza, e como a situación sanitaria actual fronte á Covid-19 non é a máis axeitada para eventos multitudinarios, nace este proxecto Xesta Trail Series.

Buscamos o xeito de desenvolver carreiras de montaña (trails) na que as persoas participantes teñan independencia e autonomía total.

O prazo para correr calquera dos eventos será de tres meses (xullo-agosto-setembro).

Non existirá en ningún momento contacto físico entre personas inscritas e organización, e @s corredor@s deberán, para confirmar os resultados, descargar un track gpx e seguilo en todo momento (poderase empregar tanto a app MapRun (dispoñible para Android e IOS), como o arquivo gpx descargado de Strava).

Poderanse correr de 1 a 3 carreiras, pero sempre na mesma categoría (curto ou longo). Os custes das inscricións varían en función do número de carreiras nas que participedes (dende 4€).

 

As zonas de carreira, para as categorías (curto/longo e feminino/masculino) serán:

  • Montes de Coruxo
  • Serra do Galiñeiro
  • Serra da Groba

 

Premios:

  • Entregarase unha camiseta de agasallo da organización para toda persoa gañadora de cada percorrido e categoría.
  • Entregarase un premio xeral (varias prendas e obxectos deportivos da organización) para o podio global dos tres percorridos (tanto feminino como masculino e percorridos curto e longo).

 

Control de tempos:

No momento que te inscribas, te enviaremos un email explicando detalladamente as condicións de participación, así como as ferramentas precisas para rexistrar os tempos. Adiantamos que priorizaremos o uso dunha app específica (MapRunF), pero é probable que abramos a posibilidade de que nos enviedes o voso track subido a Strava.

Información adicional

Elixe número de carreiras

1, 2, 3

Distancia?

Curta, Longa

Categoría?

Feminino, Masculino

Zonas de carreira?

Coruxo, Galiñeiro, A Groba, Coruxo e Galiñeiro, Coruxo e A Groba, Galiñeiro e A Groba, As tres zonas

WhatsApp chat