15/04/2023
17:00
Data: Sábado, 15 de abril de 2023
Horario: de 17 a 20hs
Ubicación: Área deportiva de Bertamiráns (Ames)
Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.
Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:
* Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.
* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.
A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.
Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.