Organizamos xincanas para Concellos, Centros Educativos, Empresas e Particulares. Podemos adaptalas a distintas temáticas ou a un determinado evento e celebración.
Son unha especie de “Escape room” ao aire libre. A base é un mapa de orientación no que están colocados distintos puntos. Cada punto corespóndese cunha proba de habilidade ou de lóxica. Normalmente funcionan por equipos e éstes teñen que ir a cada unha das probas e tentar superalas para así conseguir pistas que axuden a resolver o enigma final.
Adaptámonos a cada idea, festa ou evento de xeito que cada xincana é única. Anímaste? Contacta!
HUMANOS: proporcionamos monitores para a recepción de participantes e para explicar cada unha das probas e un animador que promocione a proba e explique aos participantes o sistema de participación.
MATERIAIS: Mapas (un por participante), dorsais e tarxetas coas pistas adquiridas. Ademáis aportamos tódolos materiais necesarios para o desenvolvemento de cada unha das probas. Proporcionamos ademáis equipo de son e carpas (se fosen necesarias).
Os horarios “tipo” dunha proba normal son:
19.30: Recepción de participantes e entrega de dorsais .
20.00: Explicación da proba e resumo de actividades. Reparto de mapas.
20.00-21.30: Saída dos participantes e desenvolvemento da actividade.
21.30 – 22.00: Valoración final e despedida.
Tódalas idades:
– Menores de 9 anos acompañados.
Número de participantes: variable. O prezo é por participante e varía en relación a cantidades de participantes, así como se a zona está previamente cartografíada ou non.