Organizamos probas de orientación para Centros Educativos, Concellos, Administracións, Asociacións, Entidades,… ou particulares. Temos xa cartografadas moitas zonas de Galicia e norte de Portugal pero tamén cartografamos zonas novas.
- Queres montar unha proba no teu pobo, cidade ou contorna?
- Queres que montemos unha proba nun colexio ou instituto?
- Queres montar unha actividade para a túa empresa?
- Sorprender a alguén, quizáis un cumpreanos diferente?
Temos infinitas posibilidades. Contacta!
HUMANOS: Proporcionamos monitores de Orientación (orientadores federados), así como técnicos de Orientación (control de tempos, cartógrafo, trazador…).
MATERIAIS: Mapas (un por participante), documentación e teoría, tarxetas electrónicas (para o control de tempos), teas e piquetas para as balizas e impresión de resultados. Posibilidade de publicación de resultados en tempo real.
Os horarios “tipo” dunha proba normal son:
10.30: Recepciión de participantes.
10.45 – 11.00: Introducción á orientación, resumo de actividades, descrición de características da zona e representación nun mapa topográfico.
11.00 – 11.15: Explicación da parte práctica.
11.15 – 12.30: Saídas dos participantes en horarios dierentes (segundo percorrido para que non haxa seguementos).
12.30 – 13.30: Valoración final, resolución de dublidas e despedida.
Tódalas idades:
– Menores de 9 anos acompañados.
Número de participantes: variable. (O prezo é por participante e varía en relación á cantidades de participantes e se a zona está previamente cartografada ou non.