Somos un grupo de persoas apaixonadas pola natureza e o deporte, sobre todo pola Orientación: un deporte minoritario que queremos facer chegar a todas aquelas persoas que o queiran practicar ou que aínda non o coñezan.
Comezamos a nosa singladura neste proxecto a finais do ano 2018, co nome de Toxo Aventura e Natureza. Despois de estar traballando en amplos e diversos proxectos no ano 2019, decidimos dar un cambio á nosa imaxe, e aí é onde nace XESTA Natureza!.
Queremos ofrecer actividades deportivas relacionadas coa orientación e co medio natural.
Se che gusta o deporte e a natureza ofrecémosche aventuras perfectas para ti e os teus amigos, ou para toda a familia… Anímaste?
Levamos xa anos traballando con concellos, colexos e institutos na organización de probas destas características a través de clubes deportivos.
100% profesionalidade
Traballamos en equipo e somos profesionais especializados en distintos campos para poder sacar ó máximo partido a cada actividade.
Amor polo noso traballo
Convertemos a nosa paixón no noso traballo: un proxecto cheo de ilusión e profesionais preparados que aman o deporte, a natureza e o traballo, e iso nótase.
Confianza e seguridade
Quen proba nas nosas actividades quere repetir: polo divertimento, polo trato, pola confianza e pola seguridade. Cremos que é o máis importante e por iso en tódalas nosas actividades vixiamos o terreo e contamos sempre cun seguro para os participantes.
Valores positivos da Orientación
Non existe unha actividade na natureza que combine tantos valores como o deporte da orientación.
Desenvólvese no medio natural ou nos pobos, resaltando e dando máis protagonismo aos valores naturais, culturais e patrimoniais da nosa contorna.
É unha alternativa de ocio divertida e saludable, apta para todas as idades, xa que se pode adaptar aos distintos niveis de esixencia física.
Combina actividade física coa destreza mental, traballa a elección de rutas, elabora estratexias, ler mapas e usar o compás.
Fomenta o compañeirismo e a cordialidade entre os participantes, xa que aínda que pode ser unha acción competitiva, o ambiente en que se desenvolve propicia relacións favorables.
Este sitio web utiliza cookies propias e de terceiros para ofrecerlle unha mellor experiencia e servizo. Ao navegar ou utilizar os nosos servizos, o usuario acepta o uso de cookies. Non obstante, o usuario ten a opción de evitar a xeración de cookies e a eliminación de cookies seleccionando a opción correspondente no seu navegador. En caso de bloquear o uso de cookies no seu navegador, é posible que algúns servizos ou funcionalidades da páxina web non estean dispoñibles.AceptarLeer máis
Privacidade e Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.