25/05/2024
11:00
Data: Sábado, 25 de maio de 2024
Horario: de 11 a 14hs
Ubicación: Conxo (Santiago de Compostela)
Número máximo de participantes: 400 persoas
Esta carreira de Orientación consistirá en visitar no menor tempo posible tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.
Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:
* Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.
* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.
A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.
Ao rematar a proba poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.