Inscricións Carreira de Orientación Eurocidade, domingo 24/10/21 (Valença – Tui)

Free – 10,00

 

Limpiar

Descripción

Data: Domingo 24 de outubro de 2021

Horario: de 10:00 a 14:00hs e de 16:00 a 18:00 (horas españolas)

Ubicacións: Valença e Tui

CAMISETAS: a inscrición para calquera das carreiras, só no caso das persoas adultas, conleva o agasallo dunha camiseta conmemorativa, da marca 42k. @s nen@s poden decidir se facer a inscrición de balde ou pagar pola inscrición, recibindo tamén unha camiseta. (O prazo para ter garantizada a talla elexida é o luns 11/10/21 ás 23:59)

O prazo límite de inscricións será o mércores 20/10/21 ás 23:59.

 

Se facedes a inscrición en grupos, debedes engadir ao carriño tantos compoñentes como persoas formen ese equipo (ata 4 persoas)

Esta Actividade de Orientación consistirá en visitar no tempo establecido tódalas balizas establecidas na orde que se indica no mapa.

Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:

  • Xestiñas: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente (menos de 3kms).
  • Xestas: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio (entre 4 e 5kms).
  • Xesteiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto (máis de 5kms).

 

* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.

A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.

Ao rematar a proba teredes avituallamento líquido e sólido, e poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.

Será imprescindible o uso da mascarilla en todo momento, salvo no propio intre do desenvolvemento da actividade (dende a saída ata a chegada).

A organización facilitará para quen o desexe xel hidroalcohólico.

Información adicional

En qué carreiras participades?

Valença (mañá), Tui (tarde), Valença + Tui

Individual/Grupo

Individual, Grupo

Categoría

Xestiñas (Fácil), Xestas (Medio), Xesteiras (Difícil)

Características do/s participante/s?

Maior de 16 anos, ata 16 anos (sen camiseta), ata 16 anos (con camiseta)

Talla

L, M, Nen@s 12-14 anos, Nen@s 8-10 anos, S, Sen camiseta, XL, XS

WhatsApp chat