Descripción
Os prezos varían entre 3€ (menores de 17 anos) e 6€ (17 anos ou máis).
Data: Domingo 2 de xuño
Horario: de 10:30 a 13:30hs
Ubicación: Ila da Toxa (https://goo.gl/maps/T1LTU76GDvwnFhR77)
Podedes facer a vosa inscrición (ata 4 participantes por equipo), elexindo algunha das seguintes categorías:
Toxiños: categoría para nen@s, sinxela física e técnicamente.
Toxos: categoría para adult@s, nivel físico e técnico medio.
Toxeiras: categoría para persoas con medios/altos coñecementos de orientación, nivel físico e técnico alto.
* Se queredes participar individualmente debedes facer inscricións separadas.
O pago da inscrición inclúe un Toxovaso reutilizable que se vos entregará ó rematar a carreira. Se o devolves devolvémosche 1€.
* As saídas serán escalonadas en tempo, non saíndo en ningún momento dúas persoas (ou equipos) no mesmo minuto.
A organización facilitaravos unha tarxeta electrónica para ir rexistrando o paso por cada unha das balizas. Debedes completar o percorrido (en orde), dende a saída ata a meta.
Ao rematar a proba teredes avituallamento líquido e sólido, resultados impresos, e poderedes consultar os resultados en tempo real coa axuda dun código qr que irá impreso no mapa.

Comentarios recientes