3 emplazamentos, 6 carreiras, 2 distancias… Aceptas o reto?
O Xesta Trail Series é un circuíto de carreiras de Trail nun formato novidoso nestes tempos tan cambiantes que nos tocou vivir devido á pandemia da COVID-19.
A continuación pasamos a darvos unhas pinceladas que creemos, son importantes que coñezades antes de emprender esta pequena aventura.
Buscamos o xeito de desenvolver carreiras de montaña (trails) na que as persoas participantes teñan independencia e autonomía total.
O prazo para correr calquera dos eventos será de tres meses (xullo-agosto-setembro).
Non existirá en ningún momento contacto físico entre personas inscritas e organización, e @s corredor@s deberán, para confirmar os resultados, descargar un track gpx e seguilo en todo momento (poderase empregar tanto a app MapRun (dispoñible para Android e IOS), como o arquivo gpx descargado de Strava).
Poderanse correr de 1 a 3 carreiras, pero sempre na mesma categoría (curto ou longo). Os custes das inscricións varían en función do número de carreiras nas que participedes (dende 4€).
As zonas de carreira, para as categorías (curto/longo e feminino/masculino) serán:
- Montes de Coruxo
- Serra do Galiñeiro
- Serra da Groba
Premios:
- Entregarase unha camiseta de agasallo da organización para toda persoa gañadora de cada percorrido e categoría.
- Entregarase un premio xeral (varias prendas e obxectos deportivos da organización) para o podio global dos tres percorridos (tanto feminino como masculino e percorridos curto e longo).
Control de tempos:
No momento que te inscribas, te enviaremos un email explicando detalladamente as condicións de participación, así como as ferramentas precisas para rexistrar os tempos. Adiantamos que priorizaremos o uso dunha app específica (MapRunF), pero é probable que abramos a posibilidade de que nos enviedes o voso track subido a Strava.
- CORUXO:
- Corta: 10,9km / +615m
- Longa: 18,4km / +1100m
- GALIÑEIRO:
- Corta: 11,8km / +680m
- Longa: 21,8km / +1150m
- GROBA:
- Corta: 14,3km / +560m
- Longa: 24km / +1165m